Prazo aberto para o XXII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

Xa está aberta a inscrición no XXII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña. Trátase dun certame de eido provincial aínda que está permitida a presentación de grupos, compañías e centros educativos que non pertenzan á provincia da Coruña. 

O prazo de inscrición rematará o mércores 6 de marzo de 2019 (inclusive). Unha vez rematado o prazo procederase á elaboración do calendario. Finalizado o prazo de inscricións e publicado o calendario oficial do certame, celebrarase unha reunión cos/as responsables de cada compañía ou centro educativo. O período de representacións das obras teatrais programarase nos meses de abril, maio e ata o 19 de xuño, nos días habilitados no formulario de inscrición.

As categorías para participar serán as seguintes: benxamín (educación infantil e 1º e 2º de primaria), infantil (3º, 4º, 5º e 6º de primaria), cadete (alumnos e alumnas da ESO), xuvenil (de 16 a 25 anos inclusive) e senior (grupos e compañías de teatro afeccionado).

Para a resolución de calquera dúbida pódese chamar aos seguintes teléfonos: 981252600 e 650783527; ou no enderezo electrónico: residencia.calvosotelo@dacoruna.gal

Máis información: I. E. S. Calvo Sotelo

Poio Escena 2019, Encontros de Teatro Afeccionado

Poio Escena 2019, Encontros de Teatro Afeccionado, ven renovar ao Ciclo de Teatro Afeccionado Poio Escena que este ano cumpre a súa decima edición. E faino coa vocación de mellorar e contribuír a ampliar a oferta cultural e potenciar a divulgación das compañías teatrais afeccionadas galegas.

Ademáis de consolidar e aumentar o público interesado na cultura e nas artes escénicas, en particular este ano, haberá un Premio do Público e outro Premio Xurado Profesional “Xerardo Moscoso” nunha gala que terá lugar en decembro. Os grupos que se queiran inscribir poderán facelo ata o 1 de marzo.

Máis información: Concello de Poio

XII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”

Como tódolos anos Tiruleque, Grupo de Teatro anuncia a Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” a celebrar no Carballiño, que nesta ocasión vai na súa XII edición. A mostra conta coa axuda e subvencións da Deputación Provincial de Ourense e o Concello do Carballiño que ofrecerá 800€ por obra e un premio de 500 € á mellor obra selecionada polo público. As representacións celebraranse entre o abano dos días 5, 6, 12, 13, 19, 20, 26 e 27 de Outubro de 2019, ás oito da tarde, no Auditorio Manuel María do Carballiño. O prazo para presentar os traballos remata o 15 de Xuño de 2019.

Contacto:
Tiruleque, Grupo de Teatro
Tfnos. 988 27 00 90 – 617 35 44 56
Email: tiruleque@galicia.com, tirulequeteatro@gmail.com