Prazo aberto para o XXII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

Xa está aberta a inscrición no XXII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña. Trátase dun certame de eido provincial aínda que está permitida a presentación de grupos, compañías e centros educativos que non pertenzan á provincia da Coruña. 

O prazo de inscrición rematará o mércores 6 de marzo de 2019 (inclusive). Unha vez rematado o prazo procederase á elaboración do calendario. Finalizado o prazo de inscricións e publicado o calendario oficial do certame, celebrarase unha reunión cos/as responsables de cada compañía ou centro educativo. O período de representacións das obras teatrais programarase nos meses de abril, maio e ata o 19 de xuño, nos días habilitados no formulario de inscrición.

As categorías para participar serán as seguintes: benxamín (educación infantil e 1º e 2º de primaria), infantil (3º, 4º, 5º e 6º de primaria), cadete (alumnos e alumnas da ESO), xuvenil (de 16 a 25 anos inclusive) e senior (grupos e compañías de teatro afeccionado).

Para a resolución de calquera dúbida pódese chamar aos seguintes teléfonos: 981252600 e 650783527; ou no enderezo electrónico: residencia.calvosotelo@dacoruna.gal

Máis información: I. E. S. Calvo Sotelo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *