XII Mostra de Teatro Amador «Terras do Orcellón»

Como tódolos anos Tiruleque, Grupo de Teatro anuncia a Mostra de Teatro Amador «Terras do Orcellón» a celebrar no Carballiño, que nesta ocasión vai na súa XII edición. A mostra conta coa axuda e subvencións da Deputación Provincial de Ourense e o Concello do Carballiño que ofrecerá 800€ por obra e un premio de 500 € á mellor obra selecionada polo público. As representacións celebraranse entre o abano dos días 5, 6, 12, 13, 19, 20, 26 e 27 de Outubro de 2019, ás oito da tarde, no Auditorio Manuel María do Carballiño. O prazo para presentar os traballos remata o 15 de Xuño de 2019.

Contacto:
Tiruleque, Grupo de Teatro
Tfnos. 988 27 00 90 – 617 35 44 56
Email: tiruleque@galicia.com, tirulequeteatro@gmail.com

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *